“(…) no devenimos madres necesariamente cuando parimos al niño, sino en el transcurso de algún instante de desesperación, locura y soledad en medio de la noche con nuestro hijo en brazos. Cuando la lógica y la razón no nos sirven, cuando nos sentimos transportadas a un tiempo sin tiempo, cuando el cansancio es infinito y sólo nos resta entregarnos a ese niño que expresa nuestro yo profundo y no logramos acallar, entonces nuestra madre interior ha nacido.”

Laura Gutman

jueves, 25 de julio de 2013

Bágoas en Santiago

Permitídeme que hoxe me exprese na miña lingua, para falar dos meus sentimentos neste día tan tráxico.
Hoxe, milleiros de persoas derraman as súas bágoas polos falecidos e os feridos no accidente ferroviario de onte en Santiago. Bágoas polos seus familiares, polos amigos,  polos que estiveron a piques de ir nese tren.
Pero bágoas tamén pola solidariedade que se demostrou neses tráxicos momentos. O altruísmo das xentes da nosa terra, dos voluntarios, dos profesionáis en paro que voltaron traballar porque eles sí que fan o que realmente saben facer, por aqueles que deixaron as súas vacacións para prestar axuda. Por todos aqueles que doaron o seu sangue sen pensalo dúas veces.
Todos eles son os que verdadeiramente merecen ocupar os titulares das noticias nos diferentes medios, e non as visitas duns e outros políticos e autoridades que se achegan cos seus traxes para pasearse pola zona e, según din, ofrecer apoio ás familias.
A verdadeira axuda non se atopa nunha foto. Se queres axudar, non vés cun traxe, vés disposto a manchar as mans no que faga falla.

Hoxe foi un día estrano para mín.
Onte asistín a unha cea con mulleres incríbles, mulleres que me ensinan cousas sobre mín cada día. Chegaba á casa pasadas as dúas da madrugada, coa miña cabeza chea de pensamentos positivos, coas boas vibracións que lle quedan a un cando comparte momentos tan especiais coas persoas adecuadas.
Pero entón, escoito a noticia na radio. E as boas vibracións se esvaecen.
Foi un sentimento contradictorio, coma se non tivese dereito a estar rindo e pasándoo ben xusto no momento en que se producía o accidente. Coma se traicionase a toda aquela xente.
Sei que pode parecer unha estupidez, pero é así como me sentín hoxe todo o día.

Gostaríame que todo o mundo soubese que o verdadeiro significado do 25 de Xullo, día de Santiago de Compostela, quedou ben plasmado no comportamento exemplar de tódalas personas que comentéi antes.

O meu máis sinceiro pésame a tódalas familias e amigos que deixaron atrás a algún ser querido. E os meus desexos de pronta recuperación a os feridos.