“(…) no devenimos madres necesariamente cuando parimos al niño, sino en el transcurso de algún instante de desesperación, locura y soledad en medio de la noche con nuestro hijo en brazos. Cuando la lógica y la razón no nos sirven, cuando nos sentimos transportadas a un tiempo sin tiempo, cuando el cansancio es infinito y sólo nos resta entregarnos a ese niño que expresa nuestro yo profundo y no logramos acallar, entonces nuestra madre interior ha nacido.”

Laura Gutman

jueves, 23 de junio de 2011

A noite de San Xoan

Hoy me vais a permitir que utilice mi lengua materna, el gallego, para escribir sobre la noche más mágica del año.

“Sálvame lume de San Xoan, para que non me trabe cadela nin can”

A noite de San Xoan, o 24 de xuño, é unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que agocha o noso folclore, a nosa cultura.

A fogueira de San Xoan simboliza o astro solar. Nenos e nenas, mozos e mozas, cantaban e brincaban o redor, bébedos pola delicia do resplandor da fogueira e desfiando a calor que dela se despedía, e que fai recuar aos maiores.

O día no que o sol atinxe o maior tempo de esplendor dase o 21 de xuño, coñecido como o “solsticio de verán”. A partir de entón, o tempo da claridade solar vai diminuindo paseniñamente ate o solsticio de inverno, no día de San Silvestre.

Varios elementos interveñen nesta festa:

A auga: elemento de gran limpeza. “A chuva de San Xoan, tolle o viño e non colle pan

O lume: elemento purificador que queima as impurezas e as malas herbas.

As herbas: A ciencia popular soubo indentificar moi ben aquelas nas que as divinidades transmitían os atributos milagreiros, otorgándolle a cada pranta ou herba unha finalidade concreta e diferente.

Os penedos, encrucilladas, lagoas, castros e outeiros: non son máis que lugares de culto, que a cristanización transformou en altares e cruceiros. Nestes sitios manifestábanse físicamente os mutados en fadas, bruxas, diaños, cobras, santa compaña, etc.

Había quen se sentaba a carón da fogueira para formular un desexo.

Xa esmorecida a fogueira, os valentes tentaban cruza-los braseiros en carreiras, chimpos, ou utilizando os taboleiros para non queimarse.

Tamén había quen queimaba unha peza de roupa persoal para evitar que non fora poseída polas bruxas.

Nalgunhas comarcas, as doncelas cren que casarán durante o ano se ó saltaren non tocan a chama. Noutras partes teñen a certeza de que precisan saltar nove veces unha mesma lumerada para que acaden os seus desexos.

Tampouco é descartable darle algún contido gastronómico. Estamos na época da recolleita da pataca e había quen as botaba, sen pelar, nun recuncho da fogueira. Sen deixarse queimar, os cachelos comíanse quentes. E tampouco debe esquecerse o refrán “Polo San Xoan a sardiña pinga o pan”, de millo por suposto.

Esta noite, as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, as mozas recóllenas para poñelas nun caldeiro con auga. Alí teñen que quedar ó orballo da noite e pola mañán, tódolos membros da casa, en especial os nenos, lávanse con esa auga milagreira.

Algunhas herbas varían segundo a zona, pero hay moitas que aparecen en todas elas:

Rosa canina ou rosal bravo, fento macho ou fieito, fiuncho, Herba Luísa, Herba de San Xoán, Malva, Codeso ou xesta, Romeu, Sabugueiro ou saúco, ponlas de Nogueira, ponlas de ameneiro, artemisa, follas de carballo, etc.

As herbas, atadas nun feixe, deixábanse nun caldeiro con auga (mellor de sete fontes) toda a noite. A mañán seguinte, lavábanse coa auga e gardaban as herbas que secaban ó sol, para logo usar como menciñas.

As nove ondas:

O carácter purificador e tamén fecundador das augas, ponse de manifestó na tradición do baño das nove ondas, de forte tradición na Praia da Lanzada. Ademáis de ser un rito manciñeiro e curativo do meigallo, é tamén un rito de fecundidade que fai concebir ás mulleres estériles.

A sorte do ovo:

As doce en punto da noite de San Xoan, cáscase un ovo e déitase nun vaso de auga que se deixa despois ó sereo deica ó amencer. Á mañá, vaise ver o ovo, que toma formas como dun barco, dunha capela, etc. E polo que se vé alí, adivíñase ben cal será a sorte que se ha de ter no ano.

Fuentes:

http://www.galiciaespallada.com.ar

http://centros.edu.aytolacoruna.es

1 comentario:

  1. Durante la noche de San Juan, en plena madrugada, comenzaron las primeras contracciones de lo que sería mi primer parto. El día de San Juan, me trajo a mi "pequeño brujo".

    La noche de San Juan, esa en la que se quema todo lo malo para convertirse en cenizas, es una noche muy especial.

    ResponderEliminar