Hoxe, milleiros de persoas derraman as súas bágoas polos falecidos e os feridos no accidente ferroviario de onte en Santiago. Bágoas polos seus familiares, polos amigos, polos que estiveron a piques de ir nese tren.
Pero bágoas tamén pola solidariedade que se demostrou neses tráxicos momentos. O altruísmo das xentes da nosa terra, dos voluntarios, dos profesionáis en paro que voltaron traballar porque eles sí que fan o que realmente saben facer, por aqueles que deixaron as súas vacacións para prestar axuda. Por todos aqueles que doaron o seu sangue sen pensalo dúas veces.
Todos eles son os que verdadeiramente merecen ocupar os titulares das noticias nos diferentes medios, e non as visitas duns e outros políticos e autoridades que se achegan cos seus traxes para pasearse pola zona e, según din, ofrecer apoio ás familias.
A verdadeira axuda non se atopa nunha foto. Se queres axudar, non vés cun traxe, vés disposto a manchar as mans no que faga falla.
Hoxe foi un día estrano para mín.
Onte asistín a unha cea con mulleres incríbles, mulleres que me ensinan cousas sobre mín cada día. Chegaba á casa pasadas as dúas da madrugada, coa miña cabeza chea de pensamentos positivos, coas boas vibracións que lle quedan a un cando comparte momentos tan especiais coas persoas adecuadas.
Pero entón, escoito a noticia na radio. E as boas vibracións se esvaecen.
Foi un sentimento contradictorio, coma se non tivese dereito a estar rindo e pasándoo ben xusto no momento en que se producía o accidente. Coma se traicionase a toda aquela xente.
Sei que pode parecer unha estupidez, pero é así como me sentín hoxe todo o día.
Gostaríame que todo o mundo soubese que o verdadeiro significado do 25 de Xullo, día de Santiago de Compostela, quedou ben plasmado no comportamento exemplar de tódalas personas que comentéi antes.
O meu máis sinceiro pésame a tódalas familias e amigos que deixaron atrás a algún ser querido. E os meus desexos de pronta recuperación a os feridos.
muy lamentable, fue algo muy triste. Mi condolencias para los afectados y mis rezos para las víctimas!
ResponderEliminarHoy me he enterado de que dos de los fallecidos eran una mamá que conocía a través del Facebook y su hijo pequeño. Se me ha encogido todavía más el corazón.
ResponderEliminar